Amosando publicacións coa etiqueta XOGOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XOGOS. Amosar todas as publicacións

XOGOS POPULARES Elena Pereiro 2ºA

O mes pasado, concretamente o 13 de Agosto, a Xunta de Galicia organizou unha festa de xogos populares con concursos e premios en
Expocoruña, que está entre Espacio Coruña e o Carrefour.
Meus irmáns pequenos querían ir porque querían xogar e, se podían, conseguir algun premio.
Falaron cos meus pais e eles dixeron que si, que íamos ir todos porque era unha boa maneira de aprender algúns xogos populares, pero ao final eles non quixeron ir e tiven que ir eu cos cativiños.
Iamos chegando á Expo e víanse moitos carteis nos farois e nas paredes que falaban dos xogos populares da Expo. Cando chegamos E tiñan todo superbenpreparado, desde a porta d había moitos máis cartaces e expositores, onde se explicaban as noras,  como se xogaba a cada un dos xogos e tamén poñía os premios que se lle daban ao gañador e ao que quedaba de segundo en cada xogo diferente.
Estivemos un rato na cola esperando a pasar e, ao pasar, vimos moitísima xente de todas as idades xogando, rindo e divertíndose.

Pasamos por diante de moitos xogos como a billarda, a mariola, a buxaina, a chave, ao xadrez, ao pincha-carneiro, ... e deixei que os meus irmáns elexisen a que querían xogar e, quixeron xogar á buxaina porque era o único ao que sabían xogar.

UNHA VOLTIÑA POR VIVEIRO



En Xullo celébrase en Viveiro unha enorme festa sobre os xogos populares. Eu insistín ao meu pai durante unha semana entera, e ao final o conseguín. A verdade é que o pasei xenial e pasáronme cousas bastante curiosas e divertidas, déixovos en paz e  comézovos a contar a historia.

Estefania Brandariz-Festa Dos Xogos Populares

Festa Dos Xogos Populares
Os días 3,4 e 5 de setembro no parque da Herradura en Santiago de Compostela celebrouse a 14ª edición dos xogos populares. Esta festa levase acabo para que os nenos dos siglo XXI aprendan cales eran os xogos os cales os seus avós e pais xogaban de pequenos.
Eu fun coa miña familia, meus avós, tíos e a miña nai. O primeiro que vimos foi unha exposición de papaventos, expoñíanos dos mais antigos aos mais novos. A dicir verdade non cambiaron bastante, pero iso si, habíaos ben bonitos. Seguimos camiñando e atopamos a chave, onde uns velliños moi áxiles ensinaban aos mais pequenos como se xogaba. A min este xogo non me gustou, por iso mentres meu avó participaba nunha,, fun coa miña tía a rá. Este xogo e bastante entretido e non te podes distraer se non, non acertas nin a de tres.
Pasado uns 15 minutos, chegou o resto da miña familia e iso significaba que debiamos continuar co percorrido. Chegamos ao outro lado do parque onde encontrábanse os xogos da mariola, buxaina, xadrez, pilla-pillola e o brile, destes soamente xoguei ao brile. Iamos a irnos cando unha amiga miña veume e veu a xunta miña a ver se quería xogar ao xadrez. Eu non sabia xogar pero díxome que ia ensinarme... quedei igual que o principio, sen saber xogar.
En resumen este dia foi de dez, coñecín novos xogos populares e a persoas maiores que aínda dos seus anos son moi áxiles e que tamén contaban historias moi entretidas e bonitas de cando eles eran pequenos. Sen duda xa estou desexando que chegue o ano que ven para volver vir.

Xogos populares

Estaba paseando cun amigo meu por Elviña e, na fonte das paxariñas, había un ha festa de xogos populares."VEÑAN A GAÑAR PREMIOS FÁCILES E UN BILLETE PARA IR DE VIAXE A FRANCIA". Iso era o que dicia o cartel que había alí pero o premio estaba escondido Jun lugar moi difícil de encontrar pola feria. Decidín xogar para ganar o premio pero o meu amigo estaba en desacordo ata que viu unha caseta de karaoke e quedouse alí a cantar.

Na miña busqueda encontrei un concurso de facer voar papaventos. Cada un costaba 10€ (un robo)e pasei pero o tipo obligoume e tiven que pagar. Encima diso no pueden gañar pero non pasaba nada dixen vengareime logo.
De seguido participei nun concurso de tiracroios. Iso era un caos porque a xente tiraba os croios contra os outros. Vin ao tipo de antes e decidin gastar os menús croios en darlle, o fixen, caeu ao sólo, e funme de ali.
A feria era un caos porque a gente en vez de xogar buscaba o premio. Pasei da caseta do brilé, a da ra, e a da randeeira porque tamén era un caos.

Cando estiven buscando al meu amigo o encontrei nun concurso de agochadas.Esperei a que acabara pero cando acabou foise correndo. Non supen nada do que lle pasou ata que descubrin que uns días máis tarde estaba en Francia. Deume tanta rabia que dixenme: non volverei a unha feria de xogos.😔

IMAXE, PORFA E ENLACES (Feito)

FESTA DOS XOGOS POPULARES
O Concello de A Coruña realizou a primeira edición desta festa nos arredores do Espacio Coruña.
Como obxectivos, revivir infancia, diversión, e que non os estranxeiros e a xente urbana que non se move de casa as coñezan.

Ía moita calor; comecei a dar un paseo cara a zona dos xogos, xunto cos meus tíos e curmáns. Chegamos ata a zona da mariola, da que pasei sen apenas vela porque non me gustou.

Despois dun rato camiñando, cheguei por fin á caseta do tiracroicos, onde quería xogar unha partida para gañar un premio. O xogo consistía en derribar un papaventos polo menos dos cinco que alí había para poder optar ó premio. O certo é que tiven bastante sorte e conseguín tirar tres, gañando, aínda así, o segundo premio: Un vale para unha pizza familiar gratis.

Logo doutra camiñata., cheguei a unha zona onde había uns nenos xogando á pita-cega e outros xogando ás agachadas. O certo é que pasei polo medio axiña para non me tropezar con ningún pequerrecho dos cales estaban alí xogando, xa que se podía facer moito dano.

Xa de noite, mentres xogaba outra partida ó tiracroios, escoitouse un aviso por megafonía dicindo que a edición de este ano se pechaba cun torneo de billarda e mais outro de xadrez.


A verdade é que foi moi divertido e espero repetilo o ano que vén!


Rebeca Bermúdez.



imaxes 
enlaces 
retocar
   AS FESTAS TRADICIONAIS DE COSTA DA MORTE!


- Ola! Este sábado, 23 de setembro, coma todos os anos, toda a miña familia mais eu vamos ver a feira de costa da morte, en Vimianzo. Estas festas son moi grandes, pois veñen todo tipo de orquestras, hai fogos artiiciais, camións de comida, xogos para os nenos pequenos.... Unha chulada!

Festas Dos Xogos Populares

O outro día vín nun cartel que se celebraban os xogos populares na aldea de Carral, o 15 de Agosto. Toda a xente de alí, ese día, foi divertirse coas súas familias ou cos seus amigos. Eu fun coa miña familia.
Cando cheguei a alí encontreime co moitísima xente e con moitas actividades. Primeiro fun a chave co meu pai, como non sabía xogar explicoume o monitor que había que lanzar un peto e había que darlle a chave para ganar, o meu pai era un ás pero eu era moi má.
Cando fun a caseta do xadrez vencín ao meu pai dúas veces. Despois fun xogar a pita-cega coa miña nai e tocoume ser a pita e paseino moi má. Chegaron ás 2:00 h e fomos comer a un bar que había ao lado da festa sorprendeume o nome do bar chamábase: "bar Simpson". Que extraño? pensei eu como pódese chamar un bar igual que neno da serie dos "Simpson"!
 Cando terminamos de comer volvimos as festas e tocoume ir a os papaventos, porque miña nai comproume un e fun a voalo,  resistiame no aire moito tempo. Cando deron ás 20:00 h vovimos a casa e nada mas entrar tireime no sofá porque viña cansadísimo e pensei: "ese día non o vou olvidar".

A FESTA DA FAMILIA



  Estaba coa miña familia no parque de Oza, o meu curmán pequeno decatouse de que celebraban ese mesmo dia unha festa con moitos xogos populares. 

Fumos a dar un paseo para ver os xogos, eu nunca vira a billarda  meu avo explicoume como xogar e é moi divertido. Cando rematei a partida fun con meus curmáns ao xogo das agachadas acabo de dez minutos anuncion que habería unha competición de pais e fillos.
Eu competín co meu pai no xogo da chave, quedamos de segundos e nos diron un vale para comprar filloas na filloeira que había preto da fonte.
Despois fumos merendar as filloas que porcerto estaban moi boas. Cando acabamos xa era hora de marchar cara a casa que pena espero volver repetilo

FESTA DE XOGOS POPULARES Javier Santamariña

Onte celebrouse a segunda festa de xogos populares nos xardíns de Méndez Núñez.Cando cheguei a festa chamaronme a atención como voaban uns nenos os seus papaventos,despois fun á caseta da pita cega era a mais grande de todas.Despois fun ao stand da chave onde habia unha fila enorme de xubilados desesperados por xogar asi que pasei ao seguinte.Esta tamén era amplia como a da pita cega,cando entrei  polo ruido das risas dos nenos souben que era a do pilla pillota.O seguinte era o parchís un xogo tan aburrido que o deixei a ametade do xogo.Cando chegaba a ultimas carpas vin a León saindo dunha carpa con cara de enfado,asi que nin lle saludei entrei na caseta da que salia el era a da buxaina,probei varias veces ata que case lle dou a un neno coa buxaina,nese momento funme por precaución.Despois diso chegou a hora de que me fora da festa.

FESTA OS XOGOS POPULARES Nerea costa pita

                                     FESTA DOS XOGOS  POPULARES


O día 4 de setembro convencín a miña familia para ir a festa dos xogos populares que había en María
Pita. O día da festa facía moita calor e había moita xente.
No primeiro obradoiro ao que fumos foi un de tiracroios , ensinaban como se tiraban , e eu intenteino e non di pé con bola .
Logo atopamos cun concurso de buxainas no que a miña irma apuntouse e gañou un globo.
buxaina

Miramos para o ceo e había unha demostración de papaventos que eran moi bonitos e de diferentes cores .
Ao pé dos papaventos había unha caseta na que facías crebacabezas e eu fixen un enteiro e déronme unha pelota saltariña .
Na actividade da pita cega encontreime cunha amiga e xogamos un rato ata que nos cansamos .
 Encontramos uns señores maiores xogando a chave , moi concentrados , e entre eles estaba o meu avó .
Nunha carpa había xente xogando ao xadrez e meu pai púxose a xogar e ao gañar déronlle unhas chuches que nolas comimos nun abrir e cerrar de ollos .
Na ultima caseta había que xogar aos encrucillados e a miña nai púxose mans á obra e o fixo tan rápido que lle deron dous paquetes de flocos de millo que pronto desapareceron.
papaventos

Nesta festa paseino moi ben e descubrín novos xogos e foi un día en familia super divertido , o ano que ven volverei vela .


Festa dos xogos populares-Beatriz Pérez García

    
               FESTA DOS XOGOS POPULARES

O outro día fun á festa dos xogos populares coa miña familia na praza de María Pita, todos os anos imos. Atopamos uns rapaces que xogaban á pita cega: un neno tiña os ollos vendados cun pano, os demais nenos estaban colocados arredor del e dicían: Pita cega que se che perdeu?o rapaz dos ollos vendados respondía: una agulla nun dedal: e os rapaces lle dicíán: dá tres voltas e atópalos...o rapaz toca cabeza dun dos nenos e se acerta cambian os postos.

Máis adiante había un grupo de nenos arrredor dun rapaz que facía xirar una buxaina sobre seu eixe de xiro  ata que se balancea e se cae. Pero pareceume moi aburrido. Había algúns traballadores da festa que estaban montados nuns zancos con globos que che regalaban.

Máis lonxe había un posto no que vendían: papaventos, tiracroios, taboas de xadrez...
Ata que por fin alí estaba un dos xogos que máis me gustaba: o brilé. Formamos dous equipos de seis xogadores cada un. Eu lanzei a pelota hacía un neno, conseguín brilalo. O neno foi a zona dos bailados. Eu fun a penúltima en ser brilada. Grazas ao meu equipo gañamos. 
en vez de incluír as instrucións, narra un partido explicando as normas 
Paseino moi ben descubrindo xogos que non coñecía antes, estou desexando de que sexa outra vez Octubro.

ANDREA CASTRO

                 FESTAS TRADICIONAIS DE MESOIRO

Este fin de semana, a miña familia e eu fumos ás Festas Tradicionais de Mesoiro. Este ano é novidade unha muiñeira que vai a ver pola noite. 

As casetas estaban enumeradas, e ti tiñas que ir en orde para completar unha frase cuns papeis que te daban en cada actividade.

A primeira caseta era un crebacabezas xigante. Aínda que os nosos contrincantes eran moi bos e non gañamos nada, déronos un papel no que poñía "vale".

A segunda caseta era a chave, un xogo do que nunca escoitara falar, e agora que xa sei como é paréceme moi perigoso.
O papeliño desta caseta dicía "por".

Na terceira caseta había un xadrez. Eu xoguei contra o meu irmán porque eramos os únicos que sabiamos. O premio leveino eu: uns focos de maíz.
Neste papel dicía "unha".

A cuarta e última caseta era a buxaina. O ano pasado vira ao meu colexio o campión do mundo de buxainas a darnos un 'masterclass'. Iba tan sobrada que cando tiven que sacar a xirar a buxaina rompín coa piola.
O papel dicía: "pizza tamaño familiar".

Unimos os papeis e a frase era "Vale por unha pizza tamaño familiar". Pusimonos as botas coa cea e logo marchamos a disfrutar da muiñeira o resto da noite.



festa dos xogos populares-Carolina Núñez Tasende

   
A FESTA DOS XOGOS POPULARES:


 O concello da Coruña organizou o domingo pasado unha festa dos xogos populares no Parque Europa co propósito de que a mocizade coñezamos os xogos dos nosos pais e avós.
   
        Fun coa miña nai, o noivo da miña nai, o meu can e os meus avós. Ao chegar á explanada do parque, atopamos unha exposición de papaventos moi coloridos e bonitos, que anteriormente uns rapaces colorearan con pinturas acrílicas. O meu can, corría detrás dos papaventos coma un tolo. Na pista de deportes, organizaron un concurso de crebacabezas xigantes, con pezas xigantes que tiñan formas moi extrañas, non eran como as pesas correntes.
 REVISA OS PARÁGRAFOS
        Trouuxeron tamén á festa un grupo de acróbatas profesionais para facer unha exhibición  de pinchacarneiros, o meu can non paraba de ladrar e de dar voltas. Posteriormente, demos un paseo, observando as casetas que alí había, o meu avó parouse nalgunhas como na da rá e na  billarda, ensinoume a xogar un pouco, pero non se me daba moi ben.
        Máis tarde, comezou o partido de brilé pero houbo que parar o partido porque uhns menos que andaban a xogar á pita cega, atravesaron por medio do campo, depois do partido, comezou a partida de xadrez. Á hora da merenda, sorprenderonos cun chocolate quente con churros e unha orquestra, o meu can xa non sabía que facer, se atender aos churros ou a orquestra.
FINAL
ACTUALIZAR 

Festa dos xogos populares

Onte celebrouse no parque de Vioño unha gran festa de xogos populares. Eu xa tiña planeado dende a semana pasada ir vela cos meus pais por que me parecía moi interesante.
Ao chegar ía moita calor e debaixo dunha árbore había varias mesas de xadrez para xogar, así que decanteime por ir alí, botei unha partida contra unha nena e gañeina. Ao rematar fumos ver unha exposición de papaventos, había moitos e todos eran de distintas cores. Ao pé dos papaventos había un obradoiro para facer crebacabezas pero había moita xente e decidín non ir.
Ás 14:30 tiñamos fame e decidimos mercar uns bocatas.
Ao remátalos fumos a unha zona onde uns nenos se topaban xogando a mariola e estivemos mirándoos xogar un rato. Ao rematar os meus pais quixeron ir ata onde xogaban a pita cega e mentres os víamos xogar un neno esvarou cun croio e caeu ao chan polo que tiveron que parar a partida uns minutos, despois vimos un partido de brilé de solteiras contra casadas no que gañaron as solteiras.
Ás sete estábamos os tres moi cansos e decidimos marchar para casa. Paseino moi ben e foi moi divertido.

ben organizada a información
creo que se pode contar mellor
redondea 

OUTROS XOGOS POPULARES


A porca : tratase dun xogo mooi estendido, con elementos semellantes ao  Hockey au Golf, deportes popularizados moito despois da exitencia da Porca (tamén chamada pino ou cachona nalgunhas zonas).

A chave : existen variados tipos de chave e tamén diferentes formas de xogar dependendo da comarca. Nas maquetas amosamos dous modelos diferentes.

Xógase por equipos de 3 xogadores. Cada xogador lanza 5 pellos en cada quenda. Os pellos son discos cilíndricos de ferro de 8 cm. De díametro, por 2 cm, de groso e un peso de 750 g. Cada un.

O terreo de xogo debe ser un corredor liso dunha lonxitude de 10 m . Como mínimo e unha anchura de 3 m... No fondal colócase a chave, espatada no chan. Detrás da chave debe haber una sorte de parapeto para frear os pellos lanzados.

Lanza os pellos en primeiro lugar o primer xogador do equipo A, logo o primeiro do equipo B e así sucesivamente. Os lanzamentos fanse dende atrás da liña de lanzamento que estará a 8m, como mínimo, da chave. Para que a chave sexa válida e , polo tanto, puntuar, cómpre que á pa de a unha volta completa. Gañao equipo que faga máis chaves.


Carlos M. Hernández Vicente

FESTA DOS XOGOS POPULARES


15 de Xulio do 2014, o concello da Coruña organizou, no parque Santa Margarita, unha festa de xogos populares, para que os maiores de certas idades reviván súa niñez.

Fun cos meus tios á festa dos xogos eu vin moitisima xente , moitos xogos papaventos, o xogo da chave, a billarda, a porca e o padrón e moitas casetas cos seus xogos populares e tamén vin unha orquesta que chamasé Fania blanco show. e tamén ia moitos nenos nas carpas da pita cega e nas agachadas.
O que mais me gustou foi o papavento, a pita cega e a billarda o que nunca via experimentar e xogar ao xadréz.

Carlos M. Hernández Vicente.