OUTROS XOGOS POPULARES


A porca : tratase dun xogo mooi estendido, con elementos semellantes ao  Hockey au Golf, deportes popularizados moito despois da exitencia da Porca (tamén chamada pino ou cachona nalgunhas zonas).

A chave : existen variados tipos de chave e tamén diferentes formas de xogar dependendo da comarca. Nas maquetas amosamos dous modelos diferentes.

Xógase por equipos de 3 xogadores. Cada xogador lanza 5 pellos en cada quenda. Os pellos son discos cilíndricos de ferro de 8 cm. De díametro, por 2 cm, de groso e un peso de 750 g. Cada un.

O terreo de xogo debe ser un corredor liso dunha lonxitude de 10 m . Como mínimo e unha anchura de 3 m... No fondal colócase a chave, espatada no chan. Detrás da chave debe haber una sorte de parapeto para frear os pellos lanzados.

Lanza os pellos en primeiro lugar o primer xogador do equipo A, logo o primeiro do equipo B e así sucesivamente. Os lanzamentos fanse dende atrás da liña de lanzamento que estará a 8m, como mínimo, da chave. Para que a chave sexa válida e , polo tanto, puntuar, cómpre que á pa de a unha volta completa. Gañao equipo que faga máis chaves.


Carlos M. Hernández Vicente