Festa dos xogos populares

Onte celebrouse no parque de Vioño unha gran festa de xogos populares. Eu xa tiña planeado dende a semana pasada ir vela cos meus pais por que me parecía moi interesante.
Ao chegar ía moita calor e debaixo dunha árbore había varias mesas de xadrez para xogar, así que decanteime por ir alí, botei unha partida contra unha nena e gañeina. Ao rematar fumos ver unha exposición de papaventos, había moitos e todos eran de distintas cores. Ao pé dos papaventos había un obradoiro para facer crebacabezas pero había moita xente e decidín non ir.
Ás 14:30 tiñamos fame e decidimos mercar uns bocatas.
Ao remátalos fumos a unha zona onde uns nenos se topaban xogando a mariola e estivemos mirándoos xogar un rato. Ao rematar os meus pais quixeron ir ata onde xogaban a pita cega e mentres os víamos xogar un neno esvarou cun croio e caeu ao chan polo que tiveron que parar a partida uns minutos, despois vimos un partido de brilé de solteiras contra casadas no que gañaron as solteiras.
Ás sete estábamos os tres moi cansos e decidimos marchar para casa. Paseino moi ben e foi moi divertido.

ben organizada a información
creo que se pode contar mellor
redondea