Amosando publicacións coa etiqueta NATUREZA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NATUREZA. Amosar todas as publicacións

A CARRIZA


Sabedes distinguir a carriza?
Se dicides que non, vou ensinarvos como é:
é un paxariño redondo e de cor parda, mide uns nove centímetros, é insectívoro, acostuma vivir nas matogueiras. O peteiro teno fino, as ás curtas e o seu voo é baixo, a cola tena xeralmente revirada cara arriba e a plumaxe  de cor castaña.

Nerea Sanz Rey,2ºesoC . PEIXES GALEGOS.

A anguía: 
En Galiza fai anos collíanse de entre 5 a 10 kg de peso,pero non é o normal.Agora é moi escaso en Galiza,có tempo foi desaparecendo.
 A tenca:
Pode medir por riba dos 60 cm e pesar 10 kg , é moi escaso en Galiza.A súa carne é graxa,tenra e gustosa.
 O salmón:
Foi o rei dos ríos galegos,dende hai 50 anos,están rematando co salmón en Galiza pola contaminación dos ríos.
O Miño é o mellor río salmoeiro do mundo.
O barbo:
Abundaba en algúns ríos da Provincia de Ourense,concretamente no Limia en Aceredo.
É un peixe moi loitador.

Sensación dunha formiga nunha fervenza.

Que alegría nos deu o profesor de ximnasia cando nos dixo que íamos  saír do instituto para unha excursión de sendeirismo.
Cando chegou o día quedaramos todos no ximnasio. Tivemos unha pequena dúbida porque había 3 autocares e viña un cuarto, entón o profesor decidiu preguntar no bus máis afastado cando nos dixeron que era o bus máis alonxado, todos os alumnos dicían:"Non podía aparcar máis cerca?!"Xa empezaba a festa...... Notábanse as ganas de pasalo ben !!!!
Deixamos os bártulos no maleteiro do bus. Viase unha chea de mochilas, parecía o monte de San Pedro.
Montamos no autocar e estivemos falando todo o camiño,a verdade é que montando bastante barullo, pero... para iso iamos de excursión.... Fomos pola autoestrada e pasamos por onde adestro eu! No Pedrido...
Houbo xente que cambiou os zapatos, o resto estivemos vento un pequeno regato que pasaba por alí.
   Encamiñamonos cara o centro micolóxico, que o vicedirector é o presidente, aquí comimos.
 Despois se adiantaron os profesores os alumnos foimos detrás deles, tratábase dun terreo agravillado pero cómodo para andar. Andamos e andamos, primeiro fomos a un mirador onde observabamos a fervenza, desde este punto parecía pequena. Logo subimos un pouco máis, alí  a fervenza era enorme tiña o presentimento de que eu era unha formiga. Chegaba auga que chocaba nas rocas.
Logo o vicedirector do instituto ensinounos os proxectos, despois diso merendamos no mesmo lugar da comida.
Finalmente viñemos ao instituto onde fomos á s nosas casas a descansar. Paseino fenomenal.
eRIk sORIaNO