Festa dos xogos populares-Beatriz Pérez García

    
               FESTA DOS XOGOS POPULARES

O outro día fun á festa dos xogos populares coa miña familia na praza de María Pita, todos os anos imos. Atopamos uns rapaces que xogaban á pita cega: un neno tiña os ollos vendados cun pano, os demais nenos estaban colocados arredor del e dicían: Pita cega que se che perdeu?o rapaz dos ollos vendados respondía: una agulla nun dedal: e os rapaces lle dicíán: dá tres voltas e atópalos...o rapaz toca cabeza dun dos nenos e se acerta cambian os postos.

Máis adiante había un grupo de nenos arrredor dun rapaz que facía xirar una buxaina sobre seu eixe de xiro  ata que se balancea e se cae. Pero pareceume moi aburrido. Había algúns traballadores da festa que estaban montados nuns zancos con globos que che regalaban.

Máis lonxe había un posto no que vendían: papaventos, tiracroios, taboas de xadrez...
Ata que por fin alí estaba un dos xogos que máis me gustaba: o brilé. Formamos dous equipos de seis xogadores cada un. Eu lanzei a pelota hacía un neno, conseguín brilalo. O neno foi a zona dos bailados. Eu fun a penúltima en ser brilada. Grazas ao meu equipo gañamos. 
en vez de incluír as instrucións, narra un partido explicando as normas 
Paseino moi ben descubrindo xogos que non coñecía antes, estou desexando de que sexa outra vez Octubro.