![]() |
| PREME NA IMAXE |
Amosando publicacións coa etiqueta QUERIDO PROFE b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta QUERIDO PROFE b>. Amosar todas as publicacións
Ola Xoan ! Martín vargas llanos
Estou contento e ao mesmo tempo un pouco triste xa que ti me ensinaches a reflexionar como darlle valor as cousas que a min dábanme igual.
Gustabame galego porque decia " Toca galego con Pepa y Xoan " pero agora solo podo dicir " Toca galego con Pepa " e aí falta só un nome e me pon un pocuco triste xa que non é igual.
Eu espero que veñas de visita. Xa sabes que estamos desexando.
Moita sorte na túa vida e desfrutes da cama maís tempo , que e unha das cousas que a min me gustan pero a quien no ....
Asinado: Martín Gustavo vargas llanos.
Esperamos as túas visitas ao centro
Xoan,escriboche esta carta para recordarche que ti fuches o que me ensinou a comportarme como un neno responsable e "maior". A túa ausenza no instituto nótase, posto que eras un profesor moi destacado no centro.
Ensináchesme, ademais, moitas cousas que non tiña ben claras da lingua galega. O baile contigo e Pepa estivo moi ben, pareceume moi divertido.
A min só me deches clase este curso pero só con estes sete meses contigo xa me din conta da boa persoa que es, aínda que tiveras enfados, que é normal pero iso non impide que foras un dos mellores profesores do instituto.
Por outro lado estamos felices de que podas descansar sen estes rapaces te estean "minando" a cabeza, he, he.
Quero darche as grazas por todo o que fixeches por nós e dicirche que sempre estarás nos nosos corazóns. Pero non quedes triste, quedounos Pepa!
Un abrazo e cóidate moito, do teu amigo:
Isaac Lendoiro Loureiro.
CARTA A XOAN
Ola Xoan


Estou na aula o primeiro dia sen ti. Viñemos para outra clase e se nos portamos ben xuntarannos para a próxima semana. Tivemos que retrasar o traballo das enciclopedias ata que nos xunten.
Gustábanme as clases que dabas con Pepa porque ás veces eran graciosas. Aprendin algo (algo é algo) nas vosas clases.
Nesta clase non hai os ordenadores e están algúns desorientados (eu non). Custoume moito escribir esta carta. Que te divirtas no teu tempo libre e que te vai ben.
Ata pronto.
despedindome do profe mais rokeiro
OLA XOAN!!!!!
Que tal andas? Espero que ben. Botámoste moito de menos e non queriamos que te foses o si te ías esperarías ata fin de curso.
O último día que nos tocou contigo montamos unha festa moi graciosa e cando fumos a 2C collimos "prestado" do cartel "felicidades Xoan" collimos Xoan e o pegamos a porta para que cando cerramos a porta vexamos o teu nome e sacamos unha sonrisa , aínda que, non fai falta mirar para uns trozos de cartulina para acordarnos de ti.
A nova profesora é riquiña pero xa non estamos xuntos na clase, agora estamos na aula do desdobre.... (os do grupo de Pepa)
Eu sentinme mal o mércores porque me levabas dando clase 1 ano e 7 meses e son moitos recordos e momentos graciosos, como cando fomos ao parque de bomberos , que preguntabas moito e facías moitas bromas
Estes días, Pepa anda moi despistada e moi triste, xa non se rí tanto . Espero é deséxote moita sorte que o mereces e fai todo o que poidas facer :ir ao cine, escoitar música...
O IES Elviña non é nada sen ti , QUERÉMOSTE!!!!!!!
Un saúdo moi grande :)
PD: Esperamos túa visita pronto :)
con moito cariño
carla
Profesores coma ti son dificiles de encontrar!!! Nerea Sanz Rey
¡Ola Xoan!
Escriboche esta carta para que vexas que non nos olvidamos de ti.
Espero que empezaras ben a xubilación e que a disfrutes moito.Bueno profe, que é a primeira clase sen ti e xa se nota que non estas,creo que eres un gran profesor e que todos estan de acordo comigo niso, fan falta mais profesores coma ti, con esa capacidadede que tes de axudar e entender a xente, o flexible que podes chegar a ser e sobretodo o bo humor que sempre tes cara as persoas, non só fan falta profesores coma ti senon tamén persoas.Levo catro anos no instituto e me deron clase moitos profesores, en cambio ti eres dos poucos que realmente conseguiron algún cambio en mi e dos poucos que para mi sempre será o meu profesor.Pensei o otro dia e creo que seria de egoistas pedir que te quedaras, levas 35 anos dando o mellor de ti, impartindo clases e ensinando a moitisima xente e agora te mereces disfrutar da tua vida. Podes estar orgulloso de ti mesmo porque coma eu moitisimos alumnos mis pensan que eres un dos mais grandes.Por certo,podes quedar tranquilo que ainda esta Pepa por aqui dandonos caña para que saiamos adiante jajaja.Un bico enorme!!!Posdata;AGORA TOCACHE DISFRUTAR A TI!!!
Despidome de ti - Iván Maceiras Varela
Ola Xoan!!!Que tal? Espero que ben. Nos dous anos que me deches me axudastes moito, como Pepa. Grazas.
A nova profesora parece riquiña pero te prefiro a ti. Botámoste de menos, espero que veñas a facernos unha visita.
Estoume sentindo raro sen a túa presenza nesta aula que estamos exiliados.
Grazas a ti aprendín que non hai que estar encima dun se non apoiando continuamente. O último día pasámolo ben,aínda que foi un pouco triste...
Eres un bo profesor, Pepa tamén botate de menos, como todos.
Agora tes moito tempo para realizar as cousas que che gustan.
Deséxote moita sorte na vida por a mereces.
Un bico moi grande.
¡QUERÉMOSTE!
XOÁN, QUERÉMOSTE.
Querido Xoan:
Botámoste moito de menos, no recreo cando estou na estufa da entrada con Iván faiseme moi raro non verte pasar e saudarte como facíamos sempre.
Acordome daque día que tocara galego xusto antes do recreo e cando tocou o timbre eu pregunteille a Iván setiña diñeiro para ir a cafetería e díxome que non, ti viñeches onde min, dechesme un euro e dixeches: "Toma, para que te compres algo", e logo resultou que tardei uns dous meses en devolvercheo, pero iso é outra historia.
Ti sempre foches moi xeneroso, e sobre todo moi simpático.
O certo é que se nota moito a túa ausencia, sobre todo se nota en Pepa, que está máis perdida que un pulpo nun garaxe. Ay, Pepa, Pepa.
Recordo cando ía a 1º e moitos compañeiros meus falaban de ti e do amable que eras, e a verdade é que sempre te vin feliz, e sobre todo seguro de ti mesmo.
Quizais foi por iso, pola túa boa fama e o teu aura tranquilizadora, que cando cheguei a 2º e me enterei de que ti ías ser o meu profesor de galego e ademáis o meu segundo titor, non sentir esa inseguridade que acostumo ter cando me toca ter clase cun profesor que non coñezo, e é que ti sempre foches dese tip de profesores, e sobre todo de persoas, na que se pode confiar, por que sabes que si necesitas axuda ou consello en algo sempre vai a estar aí e facer o que poida por ti.
E bo, diríache que me alegro da túa xubilación, pero non me gusta mentir. Pero si che direi que me alegro de que agora poidas disfrutar da túa xuventude, por que ti estás na flor da vida. E xa sabes que si te sentes descolocado podes volver cando queiras.
Con moito cariño,
Sarah.
A GOZAR DA VIDA !,Yaiza Rodríguez Gómez
Bos días Xoan,
Escríboche para contarche que te botamos de menos. Lévasme dando clase dous anos, en ese tempo aprendín moitas cousas, déchesme consellos moi bos que me serviron de moita axuda. As clases de galego contigo eran as mellores pasara o que pasara sempre estabas sorrindo , es uns dos mellores profesores que tiven na miña vida. Te imos botar moito de menos, por todo o que fixeches por nós. Agora que te fuches cambiaron moito as cousas, xa non estamos todos xuntos nas clases, síntome un pouco rara, a verdade, pero a min tocoume no desdobre de Pepa , que é o que quería. Agora que xa che fustes, tócache gozar da vida, espero que fagas todo o que tiñas pensado facer.
Te queremos Xoan!
Escríboche para contarche que te botamos de menos. Lévasme dando clase dous anos, en ese tempo aprendín moitas cousas, déchesme consellos moi bos que me serviron de moita axuda. As clases de galego contigo eran as mellores pasara o que pasara sempre estabas sorrindo , es uns dos mellores profesores que tiven na miña vida. Te imos botar moito de menos, por todo o que fixeches por nós. Agora que te fuches cambiaron moito as cousas, xa non estamos todos xuntos nas clases, síntome un pouco rara, a verdade, pero a min tocoume no desdobre de Pepa , que é o que quería. Agora que xa che fustes, tócache gozar da vida, espero que fagas todo o que tiñas pensado facer. Te queremos Xoan!
Despedindote de tí Alejandro Pola
Ola XoanSó me deches clase sete meses e as clases sempre me gustaron. Veu unha profesora nova pero me alegrei cando sabía que tiña que ir con Pepa.
As clases no se sabe se serán de novo iguais que antes. A clase se me está facendo moi rara sen tí. Botámoste de menos e só é o primeiro día sen tí.
Espero que disfrutes, e que xa non teñas que madrugar, fixo que se che fai raro.
Espero algunha visita túa.
UNHA APERTA.
Xoan é o mellor profe
A última clase que estiven contigo paseino moi ben, gustoume cando estiveches bailando. Aprendín moito contigo eras moi gracioso e moi bo con todos nos.
Hoxe que estou na aula e vexo que non estas, me poño triste e bótote de menos. Grazas a ti aprendín moitas cousas do cole e moitas cousas da vida, como por exemplo ser solidario cos demais.
Asinado: Alejandro Rodriguez Quintás
Hoxe que estou na aula e vexo que non estas, me poño triste e bótote de menos. Grazas a ti aprendín moitas cousas do cole e moitas cousas da vida, como por exemplo ser solidario cos demais.Asinado: Alejandro Rodriguez Quintás
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




