FESTA DOS XOGOS POPULARES
O día 4 de setembro convencín a miña familia para ir a festa dos xogos populares que había en María
Pita. O día da festa facía moita calor e había moita xente.
No primeiro obradoiro ao que fumos foi un de tiracroios , ensinaban como se tiraban , e eu intenteino e non di pé con bola .
Logo atopamos cun concurso de buxainas no que a miña irma apuntouse e gañou un globo.
|
buxaina |
Miramos para o ceo e había unha demostración de papaventos que eran moi bonitos e de diferentes cores .
Ao pé dos papaventos había unha caseta na que facías crebacabezas e eu fixen un enteiro e déronme unha pelota saltariña .
Na actividade da pita cega encontreime cunha amiga e xogamos un rato ata que nos cansamos .
Encontramos uns señores maiores xogando a chave , moi concentrados , e entre eles estaba o meu avó .
Nunha carpa había xente xogando ao xadrez e meu pai púxose a xogar e ao gañar déronlle unhas chuches que nolas comimos nun abrir e cerrar de ollos .
Na ultima caseta había que xogar aos encrucillados e a miña nai púxose mans á obra e o fixo tan rápido que lle deron dous paquetes de flocos de millo que pronto desapareceron.
|
papaventos |
Nesta festa paseino moi ben e descubrín novos xogos e foi un día en familia super divertido , o ano que ven volverei vela .