Botafumeiro
O botafumeiro é un enorme incensario feito na Idade Media para resolver un problema sanitario. Ten un peso de 53 kg e pode chegar a velocidades de 70km por hora ata 20 m de altura. Esta feito para que ao balancearse derrame incienso actuando de desifectante. Os tiraboleiros "vestidos de vermello" tiran dunhas cordas e con axuda dunha roldana fai que se balance.
Divide o texto en parágrafos e resume o seu contido.
O botafumeiro da catedral
Un dos símbolos máis coñecidos e populares da catedral de Santiago é o enorme botafumeiro que se pendura da bóveda central en ocasións especiais. O botafumeiro, enorme incensario, ten un peso de 53 quilos e é capaz de ser balanceado ata chegar a velocidades de 70 quilómetros por hora e ata 20 metros de altura. O botafumeiro xurdiu pola necesidade de resolver un problema sanitario. Na Idade Media, os peregrinos protexíanse do mal tempo na catedral. Di a lenda que, cara ao século XI da nosa era, os monxes e os cóengos, saturados pola aglomeración humana, encargaron a construción dun aparello que servise para paliar tan desagradable situación. Estaba calculado para que, ao balancearse, puidese derramar o doce olor do incenso sobre a multitude de peregrinos, actuando como desinfectante e suavizando o cheiro do espazo sagrado. As persoas encargadas de facer funcionar o botafumeiro son os tiraboleiros. A súa vestimenta consiste nunha gran túnica vermella. Para facelo mover, tiran dunhas cordas de esparto e, co apoio dunha roldana, conseguen que se balancee ascendendo ata a bóveda. A palabra tiraboleiro vén do latín thuribulum, ‘lanzador de fume’.
www.galiciaespallada.com