Pazo de Oca- Daniela Lozano Serna 2ºB
Querida Yolanda:
Como viaxe de fin de curso ,as titoras leváronos ao Pazo de Oca . Tiñamos que estar no autobús ás 9:00 e saír do Instituto ás 9:10. Tivemos a sorte de que facía moi bo día.
Cando chegamos ao pazo o edificio non me gustou nada. Estaba a porta de entrada na que había un balcón e dous escudos coas armas dos fundadores.
Había unha capela que estaba dedicada a Santo Antonio situado na fornela, e na parte central superior Santa Bárbara. No interior había tres retablos adornados con 35 figuras de José Gambino . Na planta baixa estaban os ocos cadrados de luz e a porta central. Na parte alta habían sete fiestras, dúas con balcón e unha balconada. Na parte posterior un pórtico e atopábase a escaleira principal. No andar superior,antes había unha solaina que agora e unha galería.
O que máis me gustou foron os xardíns, eran enormes , había moitas cousas por ver , que pensaba que a maña non nos chegaría ,xa que había dúas zonas. No sur do pazo víase o fondo da fachada posterior, que tiña unhas arcas baixas e unhas galerías acristalada .Na outra zona estaba un gran parque que daba acceso a un portón e tamén había unha fonte. As árbores eran moi verdosas,con moitas flores. Había un túnel vexetal,no que ás árbores formaban como unha bóveda ,e era moi agradable pasear alí,co estanque ao lado ,que no centro tiña como unha pequena illa artificial . No xardín había un labirinto pequeno,no que xogamos antes de irnos.
Despois dunha mañá agradable no Pazo de Oca,tiñamos que volver a casa. Saímos do pazo á hora de comer. Mentres estamos no autobús, os alumnos empezamos a cantar e a xogar cos profesores. Logo dun rato estabamos todos moi cansos ,e descansamos un pouco. Todo o autobús estaba en silencio ,e mentres estaba repasando as fotos que me había sacado no túnel,na porta principal,no labirinto e na ponte que separaba os dous estanques.