Agustín Fernández Paz. Cartas de inverno. COMPRENSIÓN TEXTO


Doroña, 9 abril

Querido Xabier:
Acaban de dar as cinco da mañá. Cando leas estas liñas supoño que pensarás o mesmo ca min: que fago escribíndoche a estas horas, no canto de estar durmindo e descansando, como sería o normal? Pero é que non podo pasar nin un minuto máis sen

contarche o que me acaba de ocorrer. Porque agora teño a certeza de que aquí está a pasar algo estraño, algo que xa me empeza a inquietar de verdade. Se non, xa me dirás ti se lle atopas lóxica ao que che vou relatar.