Ana Caramés Rodríguez
BENVIDO A TURQUÍA
Baixei do avión, non estaba moi apurada, estaba tan cansa que tardei en decatarme de que xa comezara o aterraxe. Comecei a darme marcha no momento no que me decatei de que case todos os pasaxeiros que ian no meu vó xa colleran as suas maletas, e corrín a coller as miñas. Ia soa, pero en busca de moitas aventuras, e nin rematei tan soa, nin vivín demasiadas aventuras... Iso si, algunha cousiña curiosa ocorreume.
Ali estaba eu, en Turquia, Estambul. Rodeada de mulleres có pelo cuberto, e homes con túnicas longas que chegaban ata o chán. Ia un pouco perdida e confusa, ainda que tamén eufórica emocionada, e quizáis iso foi o que me fixo poñer as espectativas altas... demasiado altas.
Que era un país machista? máis ou menos xa o imaxinaba... iso si, foi máis do que agardaba. Tamén é verdade, que aguantei menos do que esperaba.Atopábame nun autobús, que supuestamente, ia levarme de volta ao hotel Voyage Belek despois dun largo dia de turismo por toda a cidade. Cando de súpeto decateime de que un home me estaba a chamar. Eu pensaba que estaba equivocado, ata que vin como érguese do seu asiento, que por certo atopábase bastante preto do meu, e diríxese a min para dicirme: "disculpe, pero está usted sentada no lugar dos homes". Eu, nun ataque de neciedad, e quizaís tamén contribuiu o insomnio que tiña dende facia dous dias debido a terrible cama do hotel... fíxome darlle unha terrible conestación, a cal me arrepentín de darlle aos poucos segundos, e da cal prefiro non lembrarme. Isto fixo una terrible revolta no bus, da cal grazas a deus libreime posto que xa me atopaba moi preto do hotel. E os meus nervios , ou quizaís ..., ainda agora non sei que foi..., fíxome correr, o que daba a pensar que estaba fuxindo, ou polo menos iso pensou ese home do bus que por algunha razón, seguírame dende o autobús para ofrecerme as suas disculpas. Estivemos un rato falando, e o dia seguinte tamén, e o seguinte, tamén. E asi foi como un completo descoñecido ao que eu consideraba un necio ignorante rematou sendo un dos meu amigos ata o dia de hoxe. O cal fixome entender que non petendia ser ofensivo, e que sentia moito se a min mo parecera. E asi foi como dinme conta de que non me pretendia votar do bus, sinxelamente eu tiña que aprender a respetar as costumes do seu país, asi como el tivo que aprender a respetar a miña, por cada vez que me veu visitar.