LINGUAS Elena Pereiro 2ºA
Aínda agora non sabemos que lingua se falaba hai dous mil anos nos castros, xa que ao non saber escribir non deixaron rastro de ningunha lingua, pero dalgunha forma comunicábanse.
Cando rematou o período castrexo comezaron a chegar os romanos e atacaron a Galicia polo norte, polo sur e polo leste. Enfrentáronse a eles e derrotáronnos. Por motivo desa derrota chegou o latín a Galicia.
Existían dous tipos de latín, o latín vulgar, como o que se falaba en galicia e o latín culto, que era o que falaban, por exemplo, Cicerón e Virxilio.
O galego ven do latín vulgar, que o foron adaptando a lingua que falaban nos catros. O francés, o italiano ou calquera idioma ven do latín vulgar que se adaptou á lingua que se falaba alí.
Antes do século XII o galego e o portugués eran unha única lingua que se falaba no reino de Gallaecia, que hoxe constitúe, Galicia, Portugal, gran parte de Coimbra, e parte de Asturias e León. Un tempo despois dividíronse as dúas linguas e quedaron a lingua que se falaba no sur do Miño. Despois o Portugués estendeuse e chegou ata Brasil, África e inclusive China. Grazas a iso podemos falar con máis de douscentos millóns de persoas.
