TRASNOS Elena Pereiro 2ºA

Os trasnos son seres imaxinarios propios da nosa tradición popular. 
Son moi pequenos, teñen orellas largas e punteagudas, un sombreiro alto, uns zapatos punteagudos, uns ollos grandes e redondos e un nariz pequeno e gordecho.
Soen saír polas noites para facer as trasnadas que non fixeron polo día, que é o que máis lles gusta facer. Din que eles son os culpables de que nos caía o móbil, de que esquezamos as cousas, de que perdamos as chaves, ...
Un bo remedio para que non te molesten é poñer unha bóa presa de fabas, grans de millo ou lentellas, porque como só saben contar ata 100 entretéñense e non lles da tempo a facer trasnadas.