O 31 de Outubro de 2015, foi o Halloween máis raro da miña vida.
Fun cós meus amigos Heloisa, Dani G., Mario, ... a vender rifas e a asustar á xente que pasase.
Íamos todos pasando pola Igrexa Vella de Elviña e escoitamos un ruido. Asustamonos todos pero miramos a unha árbore que estaba ao noso carón e había un moucho entre as ramas. Pouco despois escoitamos outro ruido, pero esta vez non podía ser o moucho porque estaba diante nosa e o ruido viña do túnel que estaba a nosa esquerda. Vimos que se acercaban dúas luces e agachámonos detrás dun coche vermello que estaba detrás de nós. Era un coche preto que se acercaba cada vez máis, e o máis raro era que... non viamos a ninguén conducindo!
Seguíamos mirando atentamente aquel coche sinistro e vimos que paraba diante dunha casa ao lado da igrexa. A porta do coche abriuse e dela vimos saír un home moi baixo e con cara de enfadado.
Cando baixou do coche deuse conta de que non chegaba ao timbre e enfadouse aínda máis. Subiuse a o coche e colliu o seu teléfono e con el chamou a alguén.
Despois colleu o teléfono, baixouse do coche e cerrou a porta.
Púxose diante da porta e apareceu unha muller alta que invitábao a pasar, e él pasou.
Cando xa estaba dentro todos saímos de detrás do coche e botámonos a rir polo mal entendido.
Un intre despois soou outro ruido que viña do ceminterio. Surxiu a curiosidade, pero ninguén quería ir a ver que era aquel ruido, entón obligáronnos a ir a Helo e mais a min.
Cando chegamos á porta do cemiterio estaba todo escuro e non escoitamos nen vimos nada, entón marchamos cós demáis. Cando chegamos xunto deles escoitamos outro ruido, pero antes de que dixesemos nada comezou a soar a canción Bomba de King África e ao principio asustámonos pero despois rimos debido a esa canción.
A canción viña do cemiterio e claro, pensamos que eran algúns nenos escoitando música alí e acercámonos, pero o que vimos non era nada do que tiñamos imaxinado... eran esqueletes bailando! Pero non eran uns bailes normales, non, eran bailes nos que separaban os seus ósos. Había unha man por aquí, un pé por alá, ... Cando rematou a canción os esqueletes foron a esconderse rápidamente, pero un deles viu ao noso carón e díxonos: -Queredes xogar a un xogo? E nós co medo que tíñamos non respondemos, pero de inmediato veu outro esquelete que colleu ao outro polo brazo e díxolle que fose á súa tumba xa.
Antes de marchar, o segundo esquelete díxonos: -Perdón polo susto, morreu cando era pequeno por un ataque cardíaco e o último que dixo aos seus pais foi "Queredes xogar a un xogo?" Agora teño que despedirme de vós que xa é tarde. Ata o ano que ven!
E despois diso o esquelete meteuse na súa tumba e todo volveu á normalidade. E xuramos non falar nunca máis diso.