Rebeca Bermúdez.OS NENOS NUMERADOS
- A zapatería de Don Manolo, tendo tantas botas caras e sin un escaparate, era o sitio perfecto para roubar.
Decidín coller unhas botas que habían alí. Acerqueime e.... As collín! Don Manolo empezou a berrar "Alto ó ladrón! Alto ó ladrón!" Eu, do medo, empecei a correr e a correr, pero finalmente colleume un garda.
Leváronme ao xuíz de menores, Don Paco.
Coa mala sorte que teño, metéronme na Casa Grande. Unha casa rodeada por un muro con cristais cravados no cemento. Xa estivera unha vez na casa grande, estiven alí por quince días, ao final soltáronme. Maldecín ao meu pai, borracho coma sempre, por meterme naquela xaula para nenos. Era o peor lugar do mundo. Clases, moitas clases, había que rezar todos os días, os celadores, era horrible estar alí.
No furgón no que me levaron, había tamén outro neno. Chamábase Acost. Non falaba nada. Estivo todo o camiño chorando, sen saber que facer.
Cando chegamos á Casa Grande, puxéronme na celda 29.
Xa coñecía algunhas persoas coma o Rato, o Chicho, Rafael... Eran veteranos na Casa Grande, xa estiveran alí moitas veces.
Todo o mundo tiña un mote na Casa Grande. Eu tiven dous: " Pés Planos" e " Iluminado"
Pasaban os días, os meses.... Eu estaba farto de estar alí, choraba as primeiras noites. Era o peor sitio do mundo.
Un día, canso de esperar tanto, fun a falar co Padre Luís, o cura da Casa Grande, para buscar respostas.
- Padre
- Dime
- Canto tempo me queda?
- Para que?
- Para saír de aquí
- Non o sei
- Xa levo 93 raias padre
- Pois bórraas neno como as vexa o director...
O director chamábase Don Fernando. Era bastante bó, ou eso creo....
Estiven metido nesta cárcere moito tempo, quixen escapar, moitísimas veces. O meu compañeiro, Acost, si que conseguiu escapar despois de dous intentos, pero dicen que a guardia colléuno.
Eu odio a Acost, díxenlle miles de veces de escapar xuntos, e el decíame " O único que quero é vivir tranquilo" e ao final, marchou sen mí. Maldecinno moitas noites, pensando que hubera pasado se os dous nos houbéramos escapado xuntos.
Dous largos anos.
Aínda seguía metido alí dentro. Todos marcharan, todos menos o Tirso mais eu, éramos os veteranos mais vellos que habían na Casa Grande.
Ata que chegou o día.
Ese día no que fixéronme ir ao despacho do director, a falar con el.
A súas palabras foron moi claras
" Vaste"
iba machar ao exército, incrible pero certo. Ese día, paseime toda a tarde dando voltas pola Casa Grande, recordando a morte do meu amigo Cesáreo, todo o vivido.
Nos últimos anos cruzara máis dunha vez a porta grande. Fora de axudante do conductor entregar alpargatas ou cargar provisións. Pero aquel día... Cando a porta se abriu diante miña, pareceume que do outro lado do muro todo era grande de máis, difícil de máis...
E cerrei os ollos para non velo.