Rebeca Bermúdez
Unha persoa importante para mín.
- Eu non son unha persoa de admirar a moita xente, a verdade é que admiro a moi pouca xente.
Pero, si que hai unha persoa que é importante para mín, unha das máis importantes.
Esa persoa é o meu tío. Chámase José María, pero todos chamámoslle Cheiño. El vive en Mallorca, coa súa muller Mari, e as súas fillas Fabiola e Gabriela.
Cando meu tío ven a Galicia, quédase na casa que ten en Carnés (Costa da Morte) e avísanos a todos que chegou. Eu sempre son a primeira en ir velo, encántame chegar e velo no sofá tirado, comendo aperitivos e vendo os programas que solo nós vemos.
Meu tío é todo para mín. Sempre estivo atento de mín, incluso a tanta distancia. Mandábame mensaxes para saber como estaba, contábame cousas embarazosas do meu pai cando era pequeno para facelo rabiar. Realmente non sei por qué é él, se está tan lonxe e non o vexo casi, con sorte unha vez ao ano, pero cando o vexo, é coma se o vira a todas horas, coma se vivíramos porta con porta, porque coñéceme a perfección, os meus gustos, os meus puntos débiles, todo! É incribe.
E, por istos motivos, meu tío cheiño é a persoa máis importante para mín.