¡Ola profe! Este verán fun ao Pazo de Oca, e paseino moi ben. Fun en coche ata alí e facía bo tempo porque era verán. Cando chegamos impresioneime moito porque non esperaba que fora un lugar tan tranquilo e pacífico. Logo fun á
capela, que ten un balcón sobre a porta de entrada, e a cada lado hai dous escudos iguais coas armas dos fundadores. Ás 6:30 merendei, e logo fun aos xardíns , que están cruzados por dous paseos centrais con fonte monumental. Ao fondo dos xardíns esténdese un túnel vexetal.Despois de ver tantas cousas bonitas, fomos ao estanque e miña irmá caeuse alí cos patos, pero por sorte levaba roupa de reposto. Cando nos cansamos deixamos o estanque e regresamos para casa. A volta foi moi divertida porque íamos escoitando música , mirando a paisaxe e falando. Esta excursión foi a que máis me gustou de moitas ás que fun, e se vas de excursión recomendaríache o Pazo de Oca. Saúdos:Emilia

