PROBLEMAS CO ORDENADOR_ Ana Díaz Souto


Filla : Papá déixasme o ordenador pra facer uns deberes ?

Pai : Colle o portátil.

Filla : Non , ese vai moi lento , cólleo ti.

Pai : Pois tráemo pra aquí e te deixo utilizar este .

Filla : Pero que vago , logo chámasmo a min .

Pai : tráeme o portátil e cala !

Filla : ( Sen ánimos ) Vou...

( A filla colle o portátil e volve cara onde está o pai )

Pai : E o rato ?

Filla : ...

( Dálle o rato )

Filla : E agora déixasmo ?

Pai : Si , cólleo .



( Pasados uns minutos )

Filla : Esto non vai , non me entra na páxina .

Pai : Serás ti , que non buscas ben .

Filla : ( Gritando ) Que noooooon ! Que non me vai !

Pai : Mira ben , que sempre que o busco eu aparece .

Filla : Que pesado es , que esta vez non me vai !

Pai : A ver  oooh... , déixame a min .

Filla : Toma .

Pai : ( Despois de intentalo varias veces ) Toma aquí tes .

Filla : Isto non é .

Pai : Como que non ? Estas segura ?

Filla : Segurísima .

Fillo : ( Gritando desde o seu cuarto ) Queredes calar un pouco , que intento facer os deberes de matemáticas !

Filla : ( Gritando e burlándose a mesma vez ) Fastidiaste .

Nai : Non o provoques , que logo rematades mal os dous .

Filla : Se é el , que é moi petardo !!

Fillo : E entón se eu son petardo , ti que es ?

Filla : Eu ? Pois eu son LISTA .

Pai : Filla ! Cala de unha vez e mira , que xa o encontrei . Mira que es parva .

Fillo : Ves , papá di que es parva .

Filla : Pero que dis ? Mira xa verás como papá tamén te chama parvo a ti .

Pai : Ningún dos dous é parvo . Porque saídes dun pai que é máis listo ...

Nai : Que dis , estes fillos parecense a min . O non ves que : son guapos coma min ... , pero saíron a ti polo túzaros que son .

Pai : A min ? Será a ti ?

Filla : ( Falando co ordenador ) Pois eu creo que todo isto e por culpa túa .Todos estamos discutindo  pola túa culpa . Se houberas funcionado á primeira xa estaba .

( Sae unha voz do ordenador )

Ordenador : Non é a miña culpa , e a túa por utilizarme .

( Todos os da familia quedanse coa boca aberta )

Ordenador : Que pasa? Nunca oistes falar a un ordenador ?

( Seguen coa boca aberta )

Ordenador : Pois se non pensades falar vou ir ao baño , desculpádeme .

Todos a vez : DES- CUL - PA -DO .

( Soa unha voz )

Voz : Filla desperta , que vas chegar tarde ao colexio .