POR UN NÚMERO_ Paula García Esmorís


(Entra Graciela nun escenario que está Oliva)

Graciela: (fala con voz apurada) Oliva! Oliva! Oliva!

Oliva: Home Graciela, que tal?

Graciela: Non sabes a quen vin hoxe.

Oliva: (tono pasota) Non, non sei.

Graciela: Lembras a Ramón o meu veciño do 5º...ese tan feo que sempre leva os pantalóns subidos ata os sobacos?

Oliva: Sí, lémbrome perfectamente.

Graciela: (dí con voz triste) Pois empezoume a falar cando estaba diante Honorato e non puiden falar con Honorato.

Oliva: Honorato!?!?!? Que dis? O meu curmán??

Graciela: Si...he,he! gústame un pouco, non cho dixera?

(Entra ao escenario Xertrudis)

Xertrudis: Ola nenas! Que tal?

Oliva: Pois aquí contándome Gra a súa vida, ti como vas?

Graciela: Eu cóntocha porque é moi interesante eh!

Xertrudis: ha ha ha pois eu ben, (dí moi curiosa) e que é tan interesante Gra?



Graciela: pois sabes, Honorato ?

Xertrudis: O que che gusta tanto?

Oliva: Non che digo!! sabíao Xertrudis e eu non.

Graciela: É, que non me acordo nin a quen se llo contei...en fin que hoxe o vin.

Xertrudis: En serio? Que ben!

Graciela: (dí casi chorando) Nooon, porque estaba Ramón o meu veciño contándome non sei que historia e non lle falei.

Oliva: Que desgracia, verdade?

Xertrudis: Home...pobre...

Oliva: Pero que dis! Cando as súas desgrazas sexan tan grandes como as súas riquezas, terá motivos de queixarse, pero non agora.

Graciela: Pero que falas Oli, se eu non teño tantos cartos.

Xertrudis: Perdoa pero Oli ten razón...

Xertrudis e Oliva: (grítanlle) Vives nunha mansión!

Graciela: Ben, vale...

Xertrudis: Chama a Horonato e falades.

Graciela: Non teño o seu número.

Xertrudis: Oli seguro que o ten.

Oliva: Borróuseme da lista de contactos, síntoo...ben, eu teño que marchar xa para casa.

Xertrudis: Eu acompáñoche que eu tamén marcho por esa zona.

Graciela: Vale ata logo, eu vou a casa de Ramón a falar de que non quero que me fale (sae da escena)

Xertrudis: Oes Oli, tes o número do teu curmán, verdade?

Oliva: (dí con tono obvio) Claro.

Xertrudis: Entón, por que non lle diches a Gra o seu número?

Oliva: Porque é moi pesada e se ten que buscar a vida, meu curmán logo ao mellor non lle cae ben.

Xertrudis: Tes medo a que o teu curmán che culpe de algo?

Oliva: Non exactamente, é que prefiro que se dean eles os números...así Gra espabila un pouco, que sempre lle dan todo feito (con voz desesperada)

Xertrudis: Certo!

ESCENA 2

Graciela: Ola Ramón, quería falar  de...

Honorato: Ola Gra.

Graciela: Ola (con voz super nerviosa) Ramón unha pregunta, que fai Honorato aquí??

Ramón: É meu amigo.

Graciela: Aaah pois ben...

Ramón: Que querías Gra?

Graciela: Nada, pasábame a ver se me invitabas a un café haha.

Ramón: Claro que te invito, ti es benvida sempre.

(Sae da escena para preparar o café)

Honorato: hahaha bueno que tal?

Graciela: (dí super nerviosa) ben

Honorato: Bueno teño que marchar, toma o meu número, xa falaremos.

Graciela: (suspirando con tono de gloria) Vale.

(Entra Ramón)

Ramón: Toma Gra.

Graciela: Mira...teño que marchar pero gracias, eh!

Ramón: Nese caso tomo eu o café.

Entreacto

(Soa o móbil de Oliva)

Oliva: Si?

Graciela: (dí toda emocionada) Teño o número do teu curmán!!

Oliva: Alégrome, xa mo pasarás.