Sensación dunha formiga nunha fervenza.
Que alegría nos deu o profesor de ximnasia cando nos dixo que íamos saír do instituto para unha excursión de sendeirismo.
Cando chegou o día quedaramos todos no ximnasio. Tivemos unha pequena dúbida porque había 3 autocares e viña un cuarto, entón o profesor decidiu preguntar no bus máis afastado cando nos dixeron que era o bus máis alonxado, todos os alumnos dicían:"Non podía aparcar máis cerca?!"Xa empezaba a festa...... Notábanse as ganas de pasalo ben !!!!
Deixamos os bártulos no maleteiro do bus. Viase unha chea de mochilas, parecía o monte de San Pedro.
Montamos no autocar e estivemos falando todo o camiño,a verdade é que montando bastante barullo, pero... para iso iamos de excursión.... Fomos pola autoestrada e pasamos por onde adestro eu! No Pedrido...
Houbo xente que cambiou os zapatos, o resto estivemos vento un pequeno regato que pasaba por alí.
Encamiñamonos cara o centro micolóxico, que o vicedirector é o presidente, aquí comimos.
Despois se adiantaron os profesores os alumnos foimos detrás deles, tratábase dun terreo agravillado pero cómodo para andar. Andamos e andamos, primeiro fomos a un mirador onde observabamos a fervenza, desde este punto parecía pequena. Logo subimos un pouco máis, alí a fervenza era enorme tiña o presentimento de que eu era unha formiga. Chegaba auga que chocaba nas rocas.
Logo o vicedirector do instituto ensinounos os proxectos, despois diso merendamos no mesmo lugar da comida.
Finalmente viñemos ao instituto onde fomos á s nosas casas a descansar. Paseino fenomenal.
eRIk sORIaNO