Microrrelatos

1. Medo a quedar so no mundo

Abrín a porta do portal, todo desaparecerá, as portas das casas estaban abertas e non había ninguén. Todos marcharan e eu quedara so. Como todas as mañás soou o despertador.










2. Pelexas na casa.
A muller estaba pelexando co seu fillo. O neno dixo:
-Vaite e non volvas nunca máis!
Na parede da habitación había un cadro, a nai acercouse a el en silencio e sen mirar ao seu fillo meteuse dentro.









3. Consecuencias.
A miña avoa contoume que cando era moza no pobo onde vivía había una lenda, nunha cova preto de alí había un cofre con diamantes pero ninguén se atrevía a ir por el por que contaban que o que fora non saría inmune. Un home que quedara sen traballo e tiña que manter a súa familia decidiu ir. Nunha semana non se supo nada del, o Domingo cando todos saíamos de misa na porta atopábase o home coa roupa chea de lama, nunha man levaba un diamante e a outra non estaba.