Rebeca Bermúdez. En construción



A FONTE.
 



- Era Halloween, e coma todos os anos, os nenos iban pedir caramelos ás casas de xente. Sempre soían ir en grupos de máis de 4, por se pasaba algo, poder avisar a algún adulto.
A nosa historia empeza en Guille, un neno de 13 anos que, xunto cos seus amigos Martín, Lucas, Dana, e Carla, ían pedir caramelos pola zona de Elviña.
Quedaron todos ás nove no parque das pedras. A primeira en chegar foi Dana, que ía disfrazada de pantasma. Esperou sentada na fonte do parque ata que chegou Guille, disfrazado de vampiro. Ao ratiño de Guille chegou Carla, disfrazada de curuxa, e por último chegou Lucas, disfrazado de zombie.
      - Ben! Xa estamos todos e podemos ir pedir caramelos! - dixo Guille emocionado- A que hora mandáronvos estar na casa?
      - A mín dixéronme que subira ao carón de ti - Dixo Dana.
      - A nós antes das dúas - dixeron Carla e Lucas.
      - Vale, entón no perdamos máis tempo, se nos perdemos, volvemos a esta fonte? Non importa, mentres que podamos conseguir moitos caramelos....