GAME OVER Carta a unha persoa dende o punto de vista da historia dun personaxe, (Alicia)
Ola, bos días!
Vouche contar unha historia sen pés nin cabeza, na que eu estou implicada:
Luís, o meu profe, recibira, como agasallo de aniversario, o coñecido xogo de Parallel City. Ao principio, non o cría, o catedrático detestaba a informática e apenas sabía usar Internet. O certo é que estaba disposto a probalo polo gran esforzo económico que fixeran os seus filloS, ou polo menos, Iso me dixo. Prendeu o ordenador e creou un perfil no xogo co alias de "Breogán".
Despois de horas e horas de xogo, comezou a enviciarse, e faltou dúas ou tres semanas a clase só para poder xogar cando estabo só na súa casa, xa que Fina, a súa muller, estaba traballando e os seus fillos, os xemelgos Xoán e Sebastián, estaban no colexio.
Días máis tarde, tivo que asistir a unha Cumbre de Catedráticos en Madrid, onde, entre reunión e reuníon, a súa empresa no xogo de Parallel City ía acrecentando o seu poder, e os Membros do Clan (Autoridades de Parallel City) xa lle botaran o ollo enriba por incumprir as normas do manual, unhas misteriosas regras que ninguén coñecía, agás o Xefe Supremo.
Condeárano á eliminación TOTAL da súa identidade, tanto virtual coma real, para evitalo, tiña dúas opcións non moi convincentes:
OPCIÓN A: Realizar unha transferencia bancaria dun millón de dólares, cousa que os seus ingresos non podían permitir.
OPCIÓN B.: Ingresar no Clan dos Gardiáns da Fe e continuar vivo.
Como xa dixen antes, non se podía permitir a opción A, polo que selecionou o B e premeu no botón de `OK´. Pasados uns días chegoulle á súa casa unha carta deles que dicia que simplemente lla enviaban para que soubese que lles constaba que vivía alí. Él e mais os seus sinistros novos compañeiros de oficio tiveron que torturar a un inocente para sacarlle información, en Santiago.
Finalmente, acendeu o ordenador e viu que Breogán estaba nunha gran sala cunha pantalla xigante que anunciara que o Xefe Supremo iría felicitalo en persoa pola súa labor de tortura. Breogán sacou raudo unha navalla e asestoulle unha puñalada, que lle dera morte. Veloz coma un lóstrego saiu correndo e parouse nunha estreita rúa observando como a súa morte dirixíase cara el. Morrera. Cun sorriso na cara, leu en voz alta un GAME OVER en letras grandes e vermellas na pantalla do ordenador que durante seis meses lle dera vida.