``A noite que wendy aprendeu a voar´´

  A NOITE QUE WENDY APRENDREU A VOAR

        
              O libro trata dunha axente da patrulla ``Z´´ que ten que resolver un dos casos máis incribles da súa vida.
              A morte foi do marido dunha muller chamada Matilda Pi-Strauss,  os asesinos matarono para encontrar un tesouro chamado ``O OLLO DE DEUS´´. Cando Wendy e mais o seu compañeiro Roger Dueso ían sair da casa despois de investigala, atopáronse cunha nena de 5 anos máis ou menos que co medo que lle metera o seu padrasto sobre como era a policía,  saíu correndo perseguida por Wendy Aguilar ata entrar nunha liña de metro onde case acaban coas súas vidas. A nena, cando conseguíu sair da liña de metro atopou a dous homes ( o Galiña e o Trampas) amigos do seu padrasto ( o Garrao). Á nena non lle quedou máis remedio que pararse e falar con Wendy. Ela díxolle que o seu nome era Mon e que vivía na rúa dos Avellers, terceiro segunda. Tamén lle confesou que non quería sair de alí porque tiña medo do noivo da súa nai ( o Garrao), xa que lle pega na casa.
             Despóis da conversa foron ata a casa da nena, alí falaron coa nai sobre o Galiña, oTrampas e o Garrao. Despóis de sair da casa secuestráronos o Trampas e o Galiña e leváronos nunha furgoneta branca onde os esperaba o Garrao. Logo leváronos a un mar onde ataron a Wendy a unha máquina e tirárona dende un penedo. Wendy intentou soltarse de todas as maneiras posibles e conseguíuno . Mon, que estaba co Garrao, o Trampas e o Galiña, engulira ``O OLLO DE DEUS´´. Chegaron á casa do Garrao e este moi enfadado díxolle a Mon que o botara fora. Despóis desto encontráronse a un home chamado ``U´´ e o Garrao moi enfadado, disparouno, pero ``U´´ pegou un salto acrobático e pasou por enriba das balas, pouco despóis entrou Wendy, pegou catro tiros na porta e dixo: -¡Policía! ¡Policía! ¡Quedades presos!.