Samaín
O 31 de Outubro deste ano, se mal non recordo o 2015, celebrei Halloween cuns amigos facendo unha noite de acampada no cemiterio da cidade. A escuridade era eterna e tivemos que buscar un lugar onde acampar.
Acampamos ao lado dun gato negro e dun arbol onde había un moucho. Pensamos que íbamos ter má sorte. A lúa brilaba moito. Escoitamos ruidos de fóra e fomos ver que había. Encontramos unha igrexa que estaba pechada e de súpeto empezaron a aparecer zombies das tumbas e nun momento de distracción un zombie colleu unha pistola, coa que morreu supongo, e mataronno,e logo se o comeron. Levaronnos a un lugar onde os zombies formaron un círculo. De seguido apareceron uns esqueletos e bailaron un baile espectral con música incluída que puxo un zombie DJ.
Estiveron horas así e o galo cando cantou fuxiron ás tumbas, uns quedaronse e foron a por nós pero eu collín a miña navalla dinlles, abrín camiño, e escapamos.
E aquí estou no inferno esperando a que me xuzguen polo que fixen esa noite.
CONTINUARÁ...