Lucia Costas - Como facer un castelo de area

Facer un castelo de area e moi fácil. Soamente necesitas: area, auga, un rastrelo, un caldeiro, unha pá, un anaco de madeira e unha banderiña. Cando o teñamos todo xa podemos comezar.
O primeiro que podemos facer e mollar a area coa auga e metela no caldeiro e coa area no caldeiro para volcalo e facer as torres cilíndricas coroadas con ameas e outras duas coroadas con chapiteis en cada esquiniña e, na esquina que queda, a torre da homeaxe. Na parede paralela a torre da homeaxe a porta co anaco de madeira para que faga de ponte lavadiza. E para rematar e que quede mais realista un foxo con auga ao redor do castelo.