Non sempre é doado distinguir un texto literario doutro que non o é. Estas son algunhas das súas características.
- Carácter desinteresado: O texto literario non ten unha finalidade inmediata.
- Final previsto: A diferenza do que ocorre na comunicación orditaria, o texto literario posúe un final previsto polo autor.
- Polisemia: O texto literario préstase a multiples interpretacións ou lecturas.
- Uso de recursos estilísticos: Os textos en verso son máis dados ao emprego destes recursos que os escritos en prosa. Moitos deles baséanse na repetición, no emprego de expresións pouco usuais, no uso de palabras en sentido figurado, etc.