Teléfono Móbil USO/ABUSO (Refeito)


Horas e horas co móbil...
se queres saber máis mira esta entradiña



As novas tecnoloxías achégannos unha chea de posibilidades, dende enviar unha mensaxe á túa nai ata ver cousas de outros países ou cidades. Dependendo da túa idade podes realizar diversos usos dos teléfonos móbiles. O que non pode ser é que un neno de 8 ou 9 anos ande só pola rúa cun terminal de 500 euros.
Pasemos a falar das vantaxes, os inconvintes e o uso que eu lle dou.

VANTAXES
Imaxinemos por un momento que eu teño unha prima en Granada. Coa axuda dunha simple aplicación podería comunicarme con ela de forma prácticamente instantánea. Esta aplicación é a do Whatsapp que xa ten máis de 800 millóns de usuarios activos, e que case todos nós temos ou dela hemos oído falar. Esta aplicación permite envíos multimedia e audios e comunicación, como xa dixen antes, case instantánea e sen apenas coste (0,99€ cada ano), o que fai que moita máis xente a teña como aplicación de mensaxería principal.Tamén nos permite búsqueda rápida en Internet e moitos recursos para o entretemento (Esta última, según como se mire, podería considerarse unha vantaxe ou un inconvinte).


INCONVINTES
Os inconvintes, polo xeral, non son do móbil, e están relacionados coa irresponsabilidade das persoas.
Nós realizamos un uso do móvil irracional e abusivo. No período estudiantil, o teléfono móbil, na miña opinión, non  axuda, máis todo o contrario.Os móbiles con pouca idade descentran, e poden facerche baixar as notas en xeral pola falta de tempo nos estudos e atención ó aparato, e mesmo poden intervir nunha baixada progresiva da nota en materias como lingua castelán ou galega, debido á pobre linguaxe. Tamén pode producir á larga problemas de visión ou cervicais, relacionados coas malas posturas ao usalo.


O MEU USO
Eu, polo xeral, uso o móbil cun promedio duns 45 minutos ó día. Úsoo xeralmente despois de comer ás 3:00 unha media hora e logo fago deberes, estudio, etc... Despois, ó longo do día vou comprobando as notificacións do terminal e contesto Whatsapp´s e demais. Ese é o meu uso máis común do teléfono móbil.

 (Refeito) 

FROUXA  REFACER