Samaiiiiiín


Era unha noite de trebón, nun vello e mouro cemiterio. Caía a auga a chuzos e meus curmáns e máis eu estábamos na entrada.
Non tiña moi boa pinta entrar naquel lugar, pero o certo é que a curiosidade de se en verdade revivían os mortos, e bruxas e curuxas bailaban ó son dunha sinistra música. Logo dun tempo de tonteo, decidimos entrar, aínda presos pola curiosidade.
Adentrámonos e o primeiro que vimos, nada máis entrar foron cadaleitos baleiros e pegadas ao seu carón todas apuntando na mesma direción: ¡O CAMPANARIO! 

Entramos alí un pouco o que ven a ser, mortos de medo, presos, aínda, da curiosidade. Como por arte de maxia e de súpeto, a porta cerrouse e asustámonos, aínda máis cando comezaron a soar as campás.
Xa vías ó meu curmán maior chorando pola morea de morcegos que voaran ó levantar unha alfombra, asustados polo estridente son das campás.

Xa mortos de medo, e definitivamente, sen curiosidade algunha, saimos pola fiestra do campanario e corrimos o máis rápido que puidemos aínda máis cando vemos uns sinistros "homes" (gustaríame dicir)
con candelabros e saímos aínda máis escopetados crendo que se trataba da Santa Compaña.


¡FELIZ SAMAÍN A TODOS JUA JUA JUA!

enlace a Santa Compaña
breve información
 (Feito)