OS TRASNOS E A SÚA HISTORIA
|
TRASNO |
Este animaliño que dan ganas de darlle apertas ata afogalo e non volva á vida e desapareza para sempre do noso mundo(non lles teño moito cariño como vedes). Pero aínda así, haberá que subir a nota da avaliación dalgunha forma non?
O animal chámase trasno e pertence á mitoloxía galega. Sae polas noites a facer o que mellor se lle da, facer trasnadas (de alí sae a palabra) pero nunca causan dor(pode que un pouquiño de cabeza si que den) ou problemas moi graves, simplemente bromiñas que non fan dano a ninguén, coma agochar as chaves, romper un xarrón,etc.
Se queres librarte do pequeno demo, só tes que coller un prato, e enchelo de legumes (arroz, lentellas, etc.) e pola noite o deixas nunha mesa ou no chan. Xa que só saben contar ata 100,estará ocupado todo o tempo da súa vida contando e volvendo a contar legumes e ti poderás disfrutar da túa nova liberdade. Felicidades.
2ºA ALEJANDRO DA SILVA GARCÍA