mellorable
Fai moitos anos, nun pobo chamado Hallou, vivía coa súa avoa unha rapaza chamada Weendy, máis coñecida como Ween. Ningún neno do seu pobo quería xogar con ela. A xente pensaba que a avoa de Ween era unha meiga. Todos os días, cando os nenos saían da escola, Ween esperáballes sempre polo camiño para preguntarlles se querían xogar con ela. Pero nunca aceptaban.
Unha vez, un neno chamado Nico quiso xogar con Ween. Non entendía porque a xente dicía que a súa avoa era unha meiga sen ter probas. Ween e Nico fixéronse moi amigos, e xogaban todos os días. Un día, Nico decidiu ir a xogar ó muíño do pobo. Cando non miraba, Nico encerrou a Ween con un candado. El esqueceuse dela. Dende ese día nadie do pobo volveu ver a Ween e nunca se encontrou o seu corpo.
Conta a lenda que o día 31 de outubro, pola noite, cas avoa, saen esqueletes sen cranio repetindo con música continuamente `queres xogar comigo?´; mouchos con cabezas xiratorias; arañas que escupen lóstregos; gatos negros que morden; morcegos que pegan berros; as pantasmas da avoa e de Ween que bailan nunha igrexa ó son das campás e reloxos; meigas votando mal de ollos as lápidas dos cementerios; homeslobo que aullan sobre as ramas das árbores e baixo a lúa chea... Ata que se escoita ó galo cantar e cada monstro regresa a súa casa como se non pasara nada.