Estiven mirando o cadro que representa o cuarto de Van Gogh.
O primeiro que me chamou a atención é o aspecto de casa vella e escura que ten.
Agora vouche contar como se distribúen os elementos que hai no espazo.
Esta habitación é de cor azul, á dereita vese a porta xunto con catro cadros. Dous deles representan as imaxes dun neno e o outro, dunha nena. Tamén encóntrase unha fiestra medio aberta á esquerda dun cadro que representa unha paixase. Entre a fiestra e a esquina do cuarto hai outro marco cadrado, o que non se ve moito.
Na parede do fondo hai un colgador e diante está a cama. Nela ten dúas almofadas, a sábana é branca e por enriba, unha manta vermella.
Na parte esquerda da habitación hai dúas cadeiras e, no medio, una mesa de noite. Enriba dela podemos ver unha xarra de auga, un vaso, etc..
Tamén temos un pano branco colgado al lado dunha porta azul bastante grande do armario.
O chan vese desgastado... pregúntome si Van Gogh inspiraríase nos seus cadros nese cuarto.
A min paréceme unha habitación moi pequena, triste e sosa. Non me gustaría durmir alí.. e a ti ?
