O cuarto de Van Gogh. Desirée Jiménez Gabarri
Estiven mirando o cadro que representa o cuarto de Van Gogh. O primeiro que me chamou a atención foi que me deu un aspecto de casa vella. Agora vouche contar como se distribúen os obxectos que ten no seu espacio. En canto vexades o cadro, ides ver que é unha habitación estreita e alongada. Á súa dereita poderedes ver que hai unha cama pegada á parede, e detrás ten un percheiro con roupa. A continuación do percheiro, xusto no medio da parede hai unha ventá moi luminosa que dá cara ao centro da cama. E debaixo da ventá, un pouquiño á esquerda, hai unha mesa de noite un pouco vella