Nunca fun en avión, Andrea Cabado



A miña chegada ao aeroporto foi un pouco insegura, porque con todas as cousas que estaban pasando cos avións preocupoume bastante, pero  non cambiei  de idea en coller o  avión xa que era importante a viaxe.
 O primeiro que fixen foi ir tomar un café con leite na cafeteria do aeroporto, para tranquilizarme un pouco e non estar tan nerviosa, ao rematar o café fun a polo carro para as maletas de viaxe e fun á Terminal, aí fun ao mostrador de companias aéreas, pesei as dúas maletas de viaxe para ver se podían pasar as dúas maletas na  cinta transportadora sen pagar, pero tiven que pagar unha porque se pasaba de peso, agora xa esta na adega do avión.
Tamén deron a tarxeta de embarque, que permite pasar para as portas de embarque onde chego ao arco de seguridade e esta a garda civil,nmandaronme quitar a chaqueta e examinar xunto coa equipaxe de man, mais tiven que quitarme o cinturón para pasar o arco.
Por ultimo mirei o panel de voos e aínda deume tempo a tomar o último cafe.