Boas, escríboche esta carta para recomendarche algúns lugares que podes visitar na túa viaxe a Coruña.Podes comezar pola Torre de Hércules que e un dos poucos faros romanos que seguen activos.
Logo podes ir ao porto que ten moitísimos barcos de moitos tipos, e se queres podes ver o atardecer que é unha preciosidade ademáis de que teñen vido barcos enormes e vellos a atracar aquí.
Despois se queres podes ir aos xardíns de Méndez Núñez que quedan ao lado do porto e son moi bonitos, ata hai unha estatua de Jonh Lennon.É un espazo moi grande que serve para pasear, levar aos nenos a xogar, etc.
Se queres coñecer máis historia da Coruña podes ir botar un ollo a Praza de María Pita, que é unha gran praza onde se encontra o concello e onde se fan moitas festas. Pero sen dúbida o que máis destaca na praza é o gran monumento da maior heroína da Coruña, María Pita.