carta á primaria
Para o meu eu do pasado:
Esta carta é para avisarche de todo o que che vai pasar en todos estes anos,
desde que remates en primaria ata que entres na ESO. Quería dicirche
que nestes anos que van pasar, que non te deberías preocupar tanto polas
cousas, disfruta de cada momento que logo o vas botar de menos, disfruta
cada momento que pasas con esas persoas que che fan rir, e pasa das
persoas que te miran mal xa que recorda que é por envexa. Ti, se ti mesmo :
viste como che dea a gana , anda coas persoas que queiras, estate cos teus,
cos que che fan rir, non cos que te miran e falan de ti ás espaldas, eses son
os peores.
A vida vaiche dar algúns reveses, os máis duros son as mortes do teu can e
da túa avoa que che van pillar de súpeto , sobre todo a do teu can. Disfruta
cada momento con eles, estate todo o tempo posible con eles, !LOGO OS VAS
BOTAR DE MENOS¡
Ensinarche tamén que nos estudos se te centras non terás ningún problema;
pero iso non significa que sexa só botarlle unha ollada e deixalo por sabido,
porque hai unhas materias que se che van dar moito peor que outras.
Como en todos os sitios de ensinanza vaste atopar a profesores que non
saben tratar con alumnos, que non saben explicar e ti teñas que currarte
todo na casa, que sexan demasiado bos para poñer un apercebemento , ou
que sexan tan malos de poñelos sempre.
En definitiva, vanche pasar moitas cousas que se eu as conseguín pasar, ti
tamén podes.