Un saúdo señor Nivardo !
Atendendo á súa carta onde me pregunta sobre o que se pode ver na miña cidade, comunícolle que pode empezar polo centro da Coruña, dende o Obelisco ata a Praza de Lugo. Tamén pode ir fóra do centro, por exemplo a lugares de ocio como: Marineda city , Espazo Coruña , etc.E se che apetece ver mais da nosa historia podes ir ao Castelo de San Antón, onde se atopa o múseo arqueoloxico. Aséntase nunha antigua fortaleza construida no siglo XVI, foi un edificio defensivo e prisión ,máis tarde foi un Lazareto. É outro exemplo de museo para visitar pode ser o museo de Emilia Pardo Bazán, que foi unha escritora, xornalista, ensaísta, crítica literaria, poeta, editora, profesora e conferenciante introdutora do naturalismo español en España.
Se o que lle gusta é pasar a tarde no campo pode ir ao Monte de San Pedro o a o parque de Santa Margarida.Tamén lle aconsello que visiten a Casa das Ciencias, a Domus , o Acuario e o Muncyt, onde pode ver e aprender cousas moi interesantes.
Se queres saber algo da nosa historia podes visitar a praza de Maria Pita que foi unha heroína no século XVI, defendendo a cidade da invasión dos ingleses e por iso esa praza ten o seu nome e unha estatua no seu honor. Tamén podes ir a visitar o museo da casa de Maria Pita .
Despois das visitas se queres podes ir relaxarte a praia, eu te recomiendo a de Oza.
Espero que o pase ben, grazas polá súa visita !