AINHOA SOUTO CILLERO


AS MIÑAS VACACIÓNS


Eu nas miñas vacacións fun a casa dos meus avós en Cuntis. Cando chegamos estabamos todos famentos menos mal que houbo filetes con patacas para comer.



Ao día seguinte chegaron as miñas curmás,unha ten 4 anos e chámase Noa,e a outra ten 7 anos e chámase Antia. Noa ao meu irmán pegoulle e chamoulle merde andante por darlle un balonazo na perna,e Antia e mais eu empezámonos a rir.



O xoves despois de comer subimos para o piso de enrriba a xogar ao escondite, o meu irmán escondeuse dentro do armario e non o encontrabamos ata que Noa abriu o armario



O sábado pola mañá sobre as dez levantámonos puxemos os bañadores fixemos a comida para ir a piscina e marchamos andando coas miñas curmás.Ao chegar puxemos as toallas e fomos cara á piscina pequena pero Noa tiña medo, entón miña nai colleuna e meteuna na auga e empezou a chorar. Eu xogaba con ela ata que saleu da piscina para coller a pelota e xogar dentro da auga comigo.Despois fomos para a piscina grande e Noa, Antia ,eu e mais o meu irmán queriamos bañarnos, así que miña nai lle puxo os manguitos a Noa