cesar eduardo
O Pazo de Oca
Este verano fun de excursión cos meus pais ao Paso de Oca ,unha antiga casa-forte do século xv. No camiño me aburría moito e estaba nervioso porque non tiña idea de onde ía.
Cando chegamos asombreime moito porque atopeime cunha Torre Principal que ofrece cinco ocos cara a praza. Despois vin a Capela dedicada ao Santo Antonio , unida ao edificio por unha balconada e soportais . A cada lado tiña dous escudos iguais . O Santo Antonio situase na fornela e na superior hai outra imaxe da Santa Barbara . Tiña tres retablos con 35 figuras realizadas no 1750 .
Era inmensamente grande e dividise en plantas . Na planta baixa , edificios cos ocos cadrados de luz e unha porta central . Na planta alta situase sete grandes fiestras . Na parte posterior do edificio aparece un pórtico desde onde arranca a escaleira principal . Y na parte superior a solaina converteuse en galería .
Logo dimos un pase polos xardíns , que eran unhas das partes mais monumentais do Pazo . Están cruzados por dous paseos centrais con fonte monumental , palacetes e pavillóns . Ao fondo do xardíns hai un amplo paseo ,un túnel vexetal , que era como unha grandiosa bóveda natural .
Despois che enviou unhas fotos das galerías acristaladas e o gran parque con acceso por un portón e fonte .E dous amplos estanques coa súa respectiva illa artificial .