Carta da miña viaxe . Isaac Conchado

Moi boas  señorita Mercedes.
Escríbolle para contarlle a miña experiencia ao visitar o Pazo de Oca.


Fomos ao Pazo de Oca cos meus amigos e a súa nai, viaxabamos en coche. Ao chegar alí facía un tempo magnífico cos paxaríños cantando, era un lugar moi relaxante, apartado da civilización, pensei  que ía ser un lugar moi barullento de xente pero non. era un lugar tranquilo.
O primeiro que vin fun ese gran portón coas súas cristaleiras. A capela era xigante coas figuras de Santo Antonio e Santa Bárbara.
Cando fomos por detrás da casa, vimos uns grandes xardines, e perdimonos. Mais tarde encontrei un lugar magnñifico, era... unha bóveda natural coas árbores xigantes.
Recordo que facía moitísima calor xa que era verán e reunímonos todos para beber auga nunha ponte. Seguimos andando e encontramos un labirinto natural e metímonos todos.Cando nos demos conta non podiamos saír.
As 18:00 chamounos a nai do meu amigo para irnos.
A metade do camiño paramos nunha churrería de Santiago. Os churros estaban boísimos. Ao chegar a casa estaba moi canso mais querería voltar a aquel lugar que me parecera máxico.
Xa te enviarei por whatsapp moi bonitas que fixen cuns escudos, todos os amigos nunha escaleira da parte posterior... Tamén mándote unha dunha torre principal grandísima e na que subimos e víase toda a paisaxe... A foto dun retablo que saíu mal porque non avía moita iluminación pero comosei que gústanche estas cousas mándote igual.
Un abrazo do teu antigo alumno de 5º de primaria.
Isaac Conchado Gabarre.

revisar signos de puntuación
a segunda parte hai que revisala con atención - ortografía ---Creo que correxido.