REFRANEIRO


  • O Entroido ao tizón, a pascua ao sol.
  • Pascua con quen quixeres, entroidos coas túas mulleres.
  • A pascua onde quixeres, o Antroido onde as mulleres.
  • O Entroido coas túas mulleres, a pascua con quen quixeres.
  • Día de Antroido ou de pascua, cada papón na súa casa.
  • O Entroido coas súas artes, botou a San Matías fóra do martes.
  • Martes de Entroido, cando has de vir; casquiñas de ovos, case haberes de ruxir.
  • Entroido larafuzán, comíchesme a carne e deixáchesme o pan.
  • Non todos os martes son días de Entroido.
  • Todos os días non son martes de Entroido.
  • Se podas no martes de Carnaval desátase a viña e non dá uvas.
  • O día de Entroido debes quentar o forno, cocer o pan e botar as cinzas na terra para ter bos nabos.
  • No día de Entroido non comades verzas porque senón non saen os mosquitos enriba de ti.
  • Antroido árdelle o coiro, árdelle ben ata o ano que vén