DÍA INTERNACIONAL DO TRABALLADOR

O outro día na clase de galego, estivemos a ver o día internacional dos traballadores. Eu non sabía moi ben sobre que trataba esta festa e busquei en internet, isto foi o que encontrei...  
O día internacional do traballador ou primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. É unha xornada que se utiliza habitualmente para realizar diferentes manifestacións socias e laborais.
                             
É unha festa  de loita e homenaxe aos Mártires de Chicago. Estes sindicalistas foron executados nos Estados Unidos pola súa participación nas folgas para  conseguir  que o horario  laboral  fose de oito horas. Estas folgas tiveron  a súa orixe  o 1 de Maio de 1886, tendo o seu punto máis importante o 4 de Maio, na revolta de Haymarket. 


Incriblemente, nos Estados Unidos e Canadá, non se celebra. No seu lugar celébrase o "Labor day" o primeiro luns de Setembro nun desfile de Nova York organizado pola Noble Orden dos cabaleiros do traballo (Knights of Labor, en inglés).

Jorge Riveiro 2º ESO B