Os Castros

Castro de Borneiro
Busquei nunha enciclopedia para facer un taballo sobre os castros.
Os castros eran pequenas agrupacións de cabanas rodeadas de muros e foxos para a defensa.
Situación:
-En Lugo: Viladonga
-En Ourense: Castromao
-En Pontevedra: Santa Tegra,Troña,Donón
-En Coruña: Borneiro,Barrona,Neixón

En Galicia hai mais de 20000 castros.Os máis antigos son do ano 800 a.C.,pero a partir de ano 60 a.C. pasou o desnvolvemento da Cultura Castrexa na Idade de Ferro.
Hai castros en toda Europa!,pero os castros de Galicia son os únicos polas caracteristicas propias que os diferenzan de todos.
O desenvolvemento da cultura castrexa durou máis ou menos mil anos. Ao principio os castros eran pequenos e de defensa fácil.
No século IV a.C. aumentou o tamaño e o número de castros.
O final foron edificaciones de caracter familiar.
Deuse finalizada a cultura castrexa coas invasións dos visigodos no ano 585.