OS CASTROS

 A min falábanme de pequena dos castros,é nunca sabía o que eran, pero tiña moita curiosidade. Cando me decatei de que estaban de hai tempo,que eran os lugares onde vivían os nosos antepasados, gustoume moito e quixe aprender mais. O que mais me interesou foi que os facían nun sitio alto pra defenderse mellor dos enimigos, ou tamén en zonas costeiras.                                                                              Os castros son vivendas circulares, feitas de pedra e palla. Hai moitos tipos de castros uns máis importantes ca outros. A cultura castrexa  desenvolveuse durante un periodo de case mil anos. Un castro está formado por un sollado de barro unha porta, unha parede de pedra, un lar, un teito e unha cuberta de palla.                                                                                                                                                    Existían tesouros agochados gardados por serpes encantadasou seres fantásticos. Un dos tesouros era a arracada, é un adorno de ouro para as orellas. Os castros eran asentamentos con cabanas agrupadas e rodeadas de muros e foxos para a defensa dos seus enimigos.  Existen en Galicia mais de 2.000 castros.