A autora Ánxela Loureiro foi quen escribiu este libro. Ao comezo non me pareceu nada interesante pero ao ir lendo as páxinas foime enganchando moito. A verdade non pensei que me fora gustar tanto, pero nunca se sabe hasta que se fai.
Os tempos nos que se relata esa historia son difíciles e sobre todo para unha adolescente. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo á súa familia e por moi arriscado que sexa, ela decide emprender un largo camiño na procura da liberdade dos seus seres queridos. Durante o traxecto a nena atópase con moitas barreras, pero ela vai na busca do que se propuxo.
Eu recomendo este libro, porque a verdade creo que relata uns feitos no que a protagonista e moi valente, quere loitar contra a inxustiza que se fai cos seus pais. Ao principio aínda que non che pareza moi bonito e atraedor, ti segue lendo, que xa verás como a medida que vas descubrindo cousas que lle van pasando, che gustará, e moito.