DRAGÓN BALL Z

Benvidos ao mundo do anime
Nesta pequena curta podemos ver  todo un mundo de fantasía. Ímonos fixar con que pezas se crea este universo ficticio. 
Veña! Espabila!
  • Cantos personaxes aparecen? Coñeces os seus nomes? Ao mellor che fai falta botar unha ollada AQUÍ para describilos.
  • En que espazo se desenvolve esta serie? Volve  mirar o video e repara nas paisaxes. Que elementos da natureza aparecen? 
  • Onde situarías a acción? Nun pasado, presente ou futuro real? Nun tempo imaxinario? Unha mestura? E por que?
  • E por último: Crea un novo heroi ou heroína  e utiliza 3 parágrafos e por se che serve de axuda podes seguir estas pautas:
1º parágrafo:  descrición física do personaxe
2º parágrafo:  poderes que posúe
3º parágrafo: a aventura pola que colleu fama

Acompaña, por favor, este retrato e aventura cun deseño que complemente a túa invención.