LOLITA
Esta é a historia de Dolores, máis coñecida no barrio coma "Lolita". Dolores é unha muller de 67 anos que dende os seus 11 anos, aprendeu a vivir nun mundo de homes, machista, e a traballar sendo ama de casa. Ela foi criada polo seu pai, quen se fixo cargo dela despois da morte da sua nai, e cos seus tres irmáns, cos cales ela nunca mantivo unha boa relación. E asi foi como, dende cativa, aprendeu a quedar soa traballando na casa, mentres os homes traballaban todo o dia para levar os cartos a casa.


