COMPOSITORES GALEGOS NAS RÚAS DA NOSA CIDADE I

   León Durán

É certo que algúns dos compositores sobre os que vou escribir poden parecerche novos e incluso aburridos, pero tes que comprender que estas persoas son parte da nosa cultura, como son Rosalía de Castro, Curros Enriquez e moitísimos máis que omito para non facer isto demasiado longo.
O título pode parecerche un tanto extraño, pero, se buscas na rede verás que todolos compositores que aquí se mencionan teñen rúa na Coruña, a parte dos outros grandes artistas non músicos, tanto é así que algúns teñen ata un teatro levando seu nome, sabes a quen me refiro, non?

O primeiro compositor do que vou falar é o Mestre Marcial del Adalid ( Marcial del Adalid y Gurrea é o seu nome completo).

 Nace na Coruña o 24 de Agosto do ano 1826 na Coruña e morre no Pazo de Lóngora (Olieros) o 16 de Outubro de  1881. Inda que foi un compositor relativamente prolífico nunca chegou a colocar algunha peza nesa especie de "ranking" de obras Galegas que todos temos que coñecer, ese ranking fórmano:
Maio Longo (José Baldomir), Negra Sombra (Juan Montes), Unha noite na eira do trigo (José Castro Chané) e o Himno galego (Pascual Veiga). Pero aquí xa entra a miña opinión persoal. Pero volvamos con mestre:
Adalid comeza estudar música na súa cidade natal, en 1844 trasládase a Londres onde estudará música con Ignaz Moscheles (alumno de Beethoven) desde ese ano ate 1849. A meirande parte da súa obra é música para voz e piano e piano só, ainda que tamén ten obras para cordas, unha ópera e varias marchas para orquestra. Os seus principais títulos son:


  • 25 cantares vellos e novos de Galicia sobre textos de Fanny Garrido.
  • A ópera Inés e Bianca.
  • Elexías, impromptus, romanzas sen palabras... Para piano.
  • A sua Marcha "Galicia" para orquestra, inda que tamén se fai para banda.
  • Un lied sobre un texto de Goethe.
Na miña opinión, Adalid é un dos mellores compositores galegos: dominaba moi ben a orquestra e as voces, tiña moita técnica musical e, sobre todo, moitísimo máis talento ca outros compositores que nos queren vender por aí como "grandes xenios". Pero se me poño a falar diso volveríamos a entrar no autoodio, nos tópicos, nos complexos etc.