COMPOSITORES GALEGOS NAS RÚAS DA NOSA CIDADE II

Nesta segunda entrada falarei dun compositor moi importante na nosa historia: Xosé Baldomir (José Baldomir Rodríguez, seu nome completo).
Este compositor, ao contrario co da primeira entrada non é esaxeradamete prolífico, ainda que algunhas obras súas traspapeláronse e perdéronse. Foi un dos poucos discípulos de Marcial del Adalid (Bota unha ollada, se queres, á miña entrada sobre Adalid).
Baldomir nace o 26 de Nomvebro de 1865 e morre o 1º de febreiro de 1947. A verdade é que non se sabe moito da súa vida. Foi nomeado mebro da Real Academia Galega en 1941. Foi profesor na Escola de Belas Artes (por aquel entón  funcionaba tamén como "conservatorio") de solfeo. Así mesmo foi director da coral polífonica "El Eco" e "El Brigantino" e dirixiu a orquestra "Liceo Brigantino".
Baldomir cultivou preferentemente o xénero lírico, especialmente a canción para voz e piano. Aí é onde está o quid da cuestión: O seu talento fixo posible a musicación do texto de Rosalía de Castro "Maio Longo" e "Meus Amores", marcando un antes e un despóis na música vocal galega. Inda que tamén musicou textos de Curros, Pondal e Cabanillas.
Eu, personalmente considero a Baldomir como un compositor importantísimo na nosa música pola seguinte razón: Aquí, en España, temos un xénero que é noso e que deu moi bós compositores: A Zarzuela. E Baldomir escribiu a Zarzuela "Santos e Meigas" no ano 1908, para estrearse ese mismo ano no Teatro da Zarzuela de Madrid, con texto de Linares Rivas. E prácticamente ningún compositor galego chegou a tal nivel, e dicir, Baldomir codeábase con compositores como Chapí, Bretón, Lleó... Os compositores considerados de máis nivel en España.
O Mtre. Xosé Baldomir