XOGOS POPULARES Elena Pereiro 2ºA

O mes pasado, concretamente o 13 de Agosto, a Xunta de Galicia organizou unha festa de xogos populares con concursos e premios en
Expocoruña, que está entre Espacio Coruña e o Carrefour.
Meus irmáns pequenos querían ir porque querían xogar e, se podían, conseguir algun premio.
Falaron cos meus pais e eles dixeron que si, que íamos ir todos porque era unha boa maneira de aprender algúns xogos populares, pero ao final eles non quixeron ir e tiven que ir eu cos cativiños.
Iamos chegando á Expo e víanse moitos carteis nos farois e nas paredes que falaban dos xogos populares da Expo. Cando chegamos E tiñan todo superbenpreparado, desde a porta d había moitos máis cartaces e expositores, onde se explicaban as noras,  como se xogaba a cada un dos xogos e tamén poñía os premios que se lle daban ao gañador e ao que quedaba de segundo en cada xogo diferente.
Estivemos un rato na cola esperando a pasar e, ao pasar, vimos moitísima xente de todas as idades xogando, rindo e divertíndose.

Pasamos por diante de moitos xogos como a billarda, a mariola, a buxaina, a chave, ao xadrez, ao pincha-carneiro, ... e deixei que os meus irmáns elexisen a que querían xogar e, quixeron xogar á buxaina porque era o único ao que sabían xogar.
 Xogaron algunhas partidas e meu irmán encontrouse un amigo e comezaron a xogar xuntos. Uns cinco minutos despois soou unha voz nos altavoces que dicía: -Ola boas tardes a todos os que estades xogango a estes magníficos xogos! Falo para avisarvos de que nun intre comezará o campeonato de buxainas, os que querades xogar idevos poñendo á cola, e bóa sorte a todos!
Nese momento comezouse a achegar unha morea de xente para xogar e meus irmán tamen querían participar e eu deixeinos.
 Despois de varias partidas chegou o turno do meu irmán e, por sorte, gañou. Miña irmá non tivo tanta sorte xa que perdiu na primeira porque tocoulle unha persoa que xogaba moi ben. Unhas partidas despois volveu a tocarlle xogar ao meu irmán, que xogou contra o seu amigo e gañoulle porque él non sabía xogar moito.

Meu irmán conseguiu chegar á final, e xogou contra o neno que tiña gañado á miña irmá. Claramente, meu irmán perdiu e o gañador levouse unha buxaina e unha camiseta na que poñía: " Campeón do concurso de buxainas Expocoruña 2015" Meu irmán levouse tamen unha camiseta, pero en vez de estar escrito "Campeón" estaba escrito: "Subcampeón"
Cando mirei a hora vin que era bastante tarde e marchamos á casa. Ao saír da Expo había papaventos de moitas cores polo ceo, movíanse dun lado para outro e algúns chegaban a enredarse. Quedamos un rato mirando e fomos a casa porque comezaba a chover.
Ao chegar a casa meus irmáns contáronlle todo o que tiñan visto aos meus pais e dixeron que para o ano que ven ían ir outra vez.